a favor da familia?
O que me faltaba por ver. Xente manifestándose en contra dos dereitos doutra xente. O lema: pola familia (vale), por un pai e unha nai (bueeenooo) e pola liberdade! Esto xa non!pola liberdade de quen?o que vai facer a nova lei é que haxa un colectivo con mais dereitos, pero sin menguar un ápice os dereitos dos homófobos, nin os privilexios da igrexa!Non o podo entender.
Oín frases como: que fale a maioría de España, pos que fale!!pero acaso a maioría non está no parlamento?ademais, creedes que sería xusto que por haber unha maioría de blancos lle quitáromos dereitos ós negros?
Deus creou un home e unha muller. Si...xa...pero tamén os creou blancos, os negros non se poden casar con blancos?e tamén creou só dous, se seguimos ó pe da letra a biblia, o incesto non sería pecado, porque non vexo outra forma que puideran perpetuar a especie sen que follaran entre irmans.
O dereito dun rapaz de ter un pai e unha nai. Prohibamos tamén as nais solteiras, e aqueles fillos que pasan mais tempo coa asistenta que cos seus pais, quitémoslle os fillos. Non é mais importante o dereito dun rapaz de ter unha familia?Eu creo que sí. O importante nunha familia é que haxa amor, respeto por cada membro da mesma.
E despois, según eles tratábase dunha manifestación apolítica, e na primeira frase xa se menciona o intento do governo de minar os dereitos da familia. Cada vez que penso niso dos dereitos da familia hínchaseme unha vena. Acaso os homosexuales non son familia?non son persoas?claro, según esta xente serán aberracións da natureza. incrible. E despois sae Acebes decindo que o governo non pode obviar ós manifestantes, pos claro que non!!non como fixéchedes vos antes!
E a igrexa qué?Se se adicarán a facer o ben polos demais e non a crear crispación e a conseguir que cada vez a xente os odie máis e os respete menos.
E deixo de escribir porque este tema ponme dos nervios...