Día das letras galegas
Oxe é 17 de maio. Días das letras galegas. Agora vivo en Madrid e esta data cada vez significa menos para min. Oxe en nigún sitio vin nada sobre este día. En cambio cando é o día da flor e do libro de Cataluña, dise en todos lados, está sendo San Isidro e aparece en tódolos telediarios. Para que despois digan que España non ten deuda connosco, ten unha deuda histórica que non so non se remedia senon que cada vez aumenta mais. Somos galegos, esa xente que vive enriba de Portugal que nos caen tan ben e que teñen ese acento tan simpático. Non me parece xusto, todo o mundo sabe quen foi o lehendakari Aguirre ou Companys,pero como é posible que tan pouca xente coñeza a Castelao, tódolos galegos sabemos que foi un dos homes máis extraordinarios que veu este mundo, intelixente, artista e ideólogo. Os galegos nunca supemos nin quixemos promocionarnos, pq non se trata de promoción, trátase de respeto, trátase de que a xente sepa que o galego é unha lingua tan lexítima coma o castelán, que existe unha literatura con tradición e grandes autores. Que "os camiños da vida" estivo a piques de conseguir un novel, que Manuel Rivas escribe en galego. De que o himno galego é un poema pq Galicia é poesía, galicia é verde, mar, choiva, é a melancolía dun mariñeiro que abandona a terra e é a ledicia dun emigrante que volve a súa terra logo de 40 anos. Unha terra onde no que creas non importa, onde Deus se entremezcla coas meigas sen aviso previo, onde hai que salta-la fogueira de San Xoán para non ter mala sorte, onde o antroido ou o magosto ten tanta importancia como o xoves santo.
Pois xa vedes, despois de escribir esto, dame igual que ninguen coñeza a Castelao, Alvaro Cunqueiro ou Pondal, dame igual que non coñezan o día das Letras Galegas, e dame igual que pensen que o galego é un dialecto. Dáme igual pq eu sei qué é Galicia e o que significa para min e para moitos galegos, só me da pena que os que están chamados a manter viva a nosa cultura e a divulgala non pensen o mesmo.

1 comentario
bei -